Modelo 390 - Axuda técnica
Saltar índice da informaciónQue pode facer se ten dúbidas ao cubrir a súa declaración de IVE 2016
Podes encontrar información útil para a formalización da túa declaración na axuda dispoñible no propio programa IVE 2016. Se accedes ao menú da parte superior "Axuda", "Temas de Axuda" poderás consultar distintos apartados en que se ofrece información acerca da formalización do modelo 390 que se xera a través deste programa.
Se ao validar a declaración aparece algunha mensaxe de erro fai dobre clic sobre o aviso ou pulsa sobre o botón "Revisar" e o cursor situarase no recadro que conteña os datos incorrectos que cumprirá corrixir.
Se desexas consultar a información contida no programa sobre formalización correspondente a un recadro sitúa o cursor sobre ela e pulsa a techa F1.
Lembra que para dúbidas en materia tributaria, debes contactar co 901 33 55 33 de Información Tributaria ou consultar persoalmente na túa Administración ou Delegación.