Modelo 655
Saltar índice da informaciónPresentación en papel do modelo 655 para Ceuta e Melilla
Ao acceder á predeclaración mostrarase unha pantalla con dúas opcións:
- "Alta de Predeclaración Ceuta e Melilla ", para xerar unha nova predeclaración.
- "Consultar", para visualizar o detalle dunha Predeclaración finalizada. Cumprirá indicar o NIF do presentador e o número da predeclaración obtida.
Pulsa "Alta de Predeclaración Ceuta e Melilla "para iniciar a predeclaración.
1 Datos da liquidación
Cunplimenta os datos da liquidación. Os campos marcados con asterisco son de formalización obrigatoria. Unha vez introducidos todos os datos correctamente, pulsa sobre "Validar/Simular".
Se a formalización do primeiro paso non fose correcta, informarase dos erros detectados na parte superior. Se non existen erros, poderase acceder ao Paso 2. Visualización da Autoliquidación .
2 Visualización do modelo cumprimentado
O programa mostrará un aviso indicando que os datos consignados ata este momento quedarán bloqueados, impedindo calquera modificación posterior. Pulsa "Si" no aviso para continuar.
Obterase un Número de Predeclaración que servirá para poder visualizar o documento en calquera momento desde a xanela inicial do modelo 655 no apartado "Consultar". Na mesma xanela inclúense unha serie de indicacións para xerar correctamente o documento en PDF, así como a opción "Descargar o modelo cumprimentado para imprimir".
Obterás o documento "Instrucións para a presentación" que inclúe a declaración completa.