Non aparece o botón Firmar e enviar
Se non visualiza o botón "Asinar e enviar" dun formulario web, como medida xeral recomendámoslle que acceda ao zoom do navegador para reducilo.
Internet Explorer: Na barra de menú, dende "Ver", "Zoom".
No caso de que con Internet Explorer non se visualice o botón diminuíndo o zoom, comproba o tamaño de letra.Se fose posible, diminúe o tamaño dende "Ver", "Tamaño do texto".
Microsoft Edge:Dende o botón "Configuración e máis" (icona de tres puntos verticais) pulsando os botóns "+" e "-" para ampliar ou reducir o zoom.
No caso de que con Microsoft Edge non se visualice o botón diminuíndo o zoom, comproba o tamaño de letra.Se fose posible, diminúe o tamaño dende "Configuración e máis", "Configuración", "Aparencia", "Fontes", "Tamaño de fonte".
Mozilla Firefox: Dende o botón "Abrir menú", pulsando os botóns "+" e "-". para ampliar ou reducir o tamaño
No caso de que con Mozilla Firefox non funcione diminuíndo o zoom, accede á barra de menú (se non visualizas a barra de menú pulsa a tecla F10) e fai clic en "Ver", "Tamaño".Se está marcada a opción de "Só ampliar texto", desmárcaa.
Google Chrome: Dende o botón de menú "personaliza e controla Google Chrome" cos botóns "+" e "-".
Se estás importanto un ficheiro xerado dende un programa alleo á AEAT ao formulario da AEAT
Importa o ficheiro do teu programa, fai clic en "Optativo:gravar ficheiro" para que xere o arquivo ao formulario.Volve importar este novo ficheiro xerado dende o modelo.Xa deberá aparecer o botón "Asinar e enviar".
Cobre a declaración a man, sen importar o ficheiro.
Se estás a acceder con Internet Explorer 9 ou 10, agrega a dirección "agenciatributaria.gob.es" a "Vista de compatibilidade".Para iso accede ao menú "Ferramentas", "Configuración de vista compatibilidade" e en "Agregar este sitio web" incluír a dirección "agenciatributaria.gob.es".Pulsa o botón "Agregar" e pecha esta ventá.Unha vez realizado o trámite aconsellámosche desactivar a vista de compatibilidade para evitar problemas con outros trámites da Sede Electrónica.