Pagamento e consultas de comercio exterior - Modelo 031
Saltar índice da informaciónComprobación do pagamento realizado dun modelo 031
Esta opción serve para obter o resgardo do pagamento naqueles casos en que se realizase por Internet pero, por calquera causa, non se puidese ver o resgardo no momento. Non obstante, tendo en conta que o cargo na conta bancaria é inmediata, é posible tamén comprobar nos movementos da conta se o cargo se realizou.
Accede a "Pagamento e consultas de Liquidacións de Comercio Exterior" e localiza a débeda, no desdobrable "Estado" elixe "Ingresada" e cobre o resto de criterios de filtrado que consideres necesarios. Despois, fai clic en "Buscar" e, na listaxe da columna "Xustificante," pulsa sobre o número do xustificante.
Na parte superior dentro do apartado "Conceptos Liquidados", fai clic en "Xustificante de Pagamento".
Poderás abrir ou gardar o documento en PDF do xustificante. Se non seleccionas un directorio, o xustificante gardarase automaticamente na carpeta "Descargas" do sistema ou no directorio establecido polo navegador para gardar os arquivos descargados.
Tamén se pode realizar esta consulta entrando en "Sede electrónica", "Liquidacións/Débedas. Consulta dun pagamento anterior por cargo en conta" e recuperar o NRC xerado.