Consulta do estado de tramitación dunha devolución de Renda
Para obter información sobre o estado de tramitación da túa devolución de Renda 2022, accede aos servizos de "Renda 2022" e entra no teu expediente a través da opción "Servizo tramitación de borrador / declaración (Renda WEB)".
Actualmente, para a consulta do estado de tramitación podes identificarte destas 3 formas:
- Con certificado ou DNI electrónico;
- Con Cl@ve PIN (se estás rexistrado no sistema Cl@ve PIN);
- Coa referencia do borrador/declaración de Renda 2022 e que consta de 6 carácteres.
En función da situación do expediente, no apartado "Estado de Tramitación" do expediente aparecerá algunha destas mensaxes:"A súa declaración estase a tramitar", "A súa declaración está a ser comprobada, A súa declaración foi tramitada polos órganos de Xestión Tributaria, estimándose conforme a devolución solicitada por vostede", etc.
Cando se efectúen as comprobacións oportunas e a declaración sexa correcta, aparecerá unha mensaxe indicando cando será emitida a devolución.
Sistema "VERIFICA (Autocorrección de declaracións)"
Se se trata dunha devolución e segue pendente, é recomendable que accedas ao teu expediente para comprobar se se encontra dentro do sistema chamado "VERIFICA (Autocorrección de declaracións)", que che permitirá axilizar a devolución.
Aos contribuíntes con devolucións pendentes que cumpran os requisitos do sistema apareceralles unha mensaxe informando da posibilidade de axilizar a comprobación e posterior devolución.
Para poder acceder a "VERIFICA" terás que utilizar certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve PIN.No caso de que a corrección a realice un terceiro, un representante ou un colaborador social, será necesario que dispoña de dous apoderamentos por parte do contribuínte:un para recibir notificacións e outro xeneral para realizar trámites tributarios ou específicos para a xestión da declaración do IRPF. Facilitámosche a información acerca do rexistro de apoderamentos no bloque situado na marxe dereita.
Unha vez dentro de "VERIFICA", mostrarase unha pantalla na que se informa da existencia de incidencias na túa declaración e dunha posible minoración da súa devolución.Se o contribuínte segue avanzando no procedemento, que poderá interromper se prefire optar polo sistema de comprobación tradicional, concluirá coa notificación dunha proposta de liquidación coa devolución minorada.
Para máis información acerca dos prazos para unha devolución de Renda, recomendámoste que consultes o Manual Práctico de Renda e Patrimonio 2022, concretamente o "Capítulo 1.Campaña da declaración de Renda 2022", no apartado "Devolucións derivadas da normativa do IRPF".