Ao imprimir os datos fiscais saen cortados ou descolocados
A consulta de datos fiscais non emite un documento en PDF que se poida gardar ou imprimir senón que mostra a información no propio navegador. Por este motivo, se ao intentar imprimiros, móstranse de forma incorrecta (cortados, descolocados,...), cumprirá que configures as opcións de impresión do teu navegador, concretamente as relacionadas co axuste do zoom e a orientación da páxina.
Microsoft Edge
No menú de configuración da Microsoft Edge, na parte superior dereita do navegador (icona dos tres puntos), fai clic sobre "Imprimir" e selecciona disposición "Horizontal".
En "Máis opcións de configuración", asegurache de ter seleccionado "Axustar a área de impresión" e modifica a porcentaxe da escala se fose necesario.
Google Chrome
Pulsa na icona dos tres puntos na parte superior dereita e pulsa "Imprimir".
En "Deseño", selecciona "Horizontal". Se non é suficiente, fai clic en "Máis axustes" e, en "Escala", marca "Personalizada" e modificaa o que cumpra para axustara.
Mozilla Firefox
Desde "Imprimir", modifica a orientación a "Horizontal" e, en "Mas axustes" selecciona "Axustar ao largo da páxina "no apartado "Escala".
Tamén podes diminuír a escala se o necesitas.
Safari
Accede a "Arquivo", "Imprimir", "Mostrar detalles" e cambia a orientación a "Horizontal".
Se cómpre, reduce o escalado.