Mensaxe Referencia errónea
Se ao acceder a Renda WEB con referencia, recibes a mensaxe "Referencia errónea", comproba que os carácteres, letras e números, se distinguen claramente.Recordámosche que a referencia se compón unicamente de 6 carácteres alfanuméricos.
Accede á solicitude dunha nova referencia dende o botón "Non teño Referencia".Non existe límite de peticións ata a campaña do ano seguinte e pódense solicitar referencias para varios usuarios.
A solicitude da referencia para Renda 2022 pode solicitarse co importe da casa 505 da declaración de Renda 2021 que corresponde ao importe da "Base liquidable xeral sometida a gravame" e tamén con Cl@ve PIN ou certificado/DNI electrónico.
Introduce os datos que correspondan, DNI/NIE e o dato de contraste que che pida o sistema de identificación.
No caso de que indiques un NIE, o dato que se solicitará será o número de soporte que aparece no documento.Podes despregar os enlaces de axuda "Como obter o número de soporte...", nos que se explica como localizar este dato na tarxeta de estranxeiro, permiso de residencia ou certificado de cidadán da UE e como consignalo correctamente no formulario.Para máis información sobre o número de soporte, tamén podes consultar a axuda "Introduza soporte válido" (Como introducir o número de soporte).
Se se trata dun NIF sen data de validez, do tipo K, L, M, o dato que terás que facilitar será a data de nacemento que consta no teu documento.
Ao pulsar "Continuar" a aplicación ofrecerá diferentes alternativas dependendo o DNI o NIE indicado, recoñecendo se se encontra rexistrado ou non en Cl@ve para que poidas utilizar este sistema de identificación alternativo.
Unha vez que accedas, ben coa casa 505 ou ben con Cl@ve PIN, a referencia aparecerá en pantalla.Consta de 6 carácteres e poderás utilizala en posteriores accesos ou solicitar unha nova cando o desexes.