Presentación da solicitude
A Axencia Tributaria habilitou na sede electrónica un formulario para que os pensionistas que no seu día realizaron achegas a mutualidades laborais poidan solicitar a devolución do IRPF que corresponda aos exercicios 2020-2023 ao aplicarse a disposición transitoria segunda da Lei 35/2006 do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas que dá lugar a unha redución na tributación dos seus rendementos do traballo.
O exercicio 2019 non se terá en conta na tramitación desta solicitude de devolución, por encontrarse prescrito desde o 1 de xullo de 2024.
Para acceder ao formulario e presentar a solicitude, pode utilizarse:
- Certificado electrónico ou DNIE
- Cl@ve
- Ou número de referencia
Na axuda dispoñible no menú lateral podes consultar toda a información relacionada con estes medios de identificación.
Ademais de en nome propio pódese realizar a presentación da solicitude mediante apoderamento (ten que estar rexistrado o apoderamento do trámite CG63C ou o GENERALEY58), sucesión ou con calquera dos convenios de Colaboración Social admitidos. Neste último caso solicitarase tamén o número de referencia do solicitante.
Unha vez identificado accédese ao seguinte formulario:
Ao identificar ao solicitante detectarase tamén se xa ten unha solicitude presentada.
O NIF e o nome e apelidos aparecerán xa cubertos e só cumprirá achegar o número de teléfono de contacto e o IBAN da conta bancaria de que sexas titular para recibir a transferencia que corresponda. Se queres indicar unha conta bancaria aberta no estranxeiro podes facero engadindo o código SWIFT-BIC no campo dispoñible.
Antes de presentar a solicitude, revisa a información e as advertencias con respecto á situación das autoliquidacións do período 2020-2022 e do 2023.
Pulsa o botón "Validar" para comprobar que non existen erros e, por último, "Asinar e Enviar".
Na seguinte xanela, marca o recadro "Conforme" e de novo pulsa "Asinar e Enviar".
Obterás o xustificante de presentación co correspondente Código Seguro de Verificación e o detalle da situación de cada un dos exercicios afectados.
Non cumprirá presentar ningún tipo de documentación adicional a este formulario pero a AEAT si que poderá requirir documentación ao solicitante se non se dispón de toda a información necesaria para tramitar a solicitude.