Como presentar a declaración de Renda mediante ficheiro xerado con programa de axuda
Podes presentar a declaración de Renda confeccionada cunha aplicación allea á Axencia Tributaria importando un ficheiro da declaración cos datos axustados ao deseño de rexistro publicado na páxina web en "Deseños de rexistro", "Modelos do 100 ao 199".
Accede á presentación dende a sede electrónica, "IRPF", despois preme en "todas as xestións" do bloque "Xestións destacadas" e dentro de "Presentación mediante ficheiro" pulsa "Presentación de declaracións".
Identifícate con firma dixital (certificado ou DNI electrónico), con Cl@ve Móbil, con número de referencia ou mediante o acceso a cidadáns UE (eIDAS).

Na seguinte páxina pulsa o botón "Importar XML" e localiza o ficheiro cos datos da declaración.


A continuación, mostrarase o Resumo da declaración cos datos da declaración do/os declarantes. Dende esta ventá poderás:
- "Presentar declaración" se estás de acordo co resultado.
- "Vista previa" da declaración onde se obtén un PDF que serve como consulta pero que non é apto para a presentación.

NOTA: a consulta de datos fiscais non está dispoñible por esta vía, para ver os datos fiscais debes acceder dende o Portal de servizos de Renda.
Ademais, mediante os botóns da parte superior, poderás acceder aos diferentes apartados para comprobar todos os datos, ao Manual Práctico de Renda 2025 co botón "Axuda" e aos vídeos titoriais.
Pulsando "Mostrar opcións", mostraranse máis botóns que che permitirán consultar os datos identificativos persoais, buscar unha determinada casa na túa declaración, escribir notas que consideres necesarias e validar a declaración.


Dende "Apartados declaración", poderás acceder ás distintas páxinas para comprobar todos os datos e seguir completando a túa declaración.

Comproba se existen erros de cumprimentación pulsando o botón "Validar".
Poden aparecer tres tipos: aviso, advertencia ou erro.
Os avisos non impiden presentar a declaración e sinálanse para revisar a cumprimentación. As advertencias son de obrigada lectura, para o que se incorpora unha casa que debes marcar, que garante que visualizaches a advertencia antes de presentar a declaración. Se a mensaxe é de erro deberás corrixilo para que a declaración se considere válida no momento de presentala. Para revisar cada un dos detalles terás que pulsar na opción correspondente, "Ir ao Aviso, Ir á advertencia" ou "Ir ao Erro".
Se ao pulsar "Validar" obtés unha "Advertencia" fai clic no botón "Ir a advertencia" e revisa a cumprimentación. Para confirmar a súa lectura, marca a casa de verificación "Lido/Ocultar" que garante que visualizaches a advertencia antes de presentar a declaración. Se non marcas a casa, non poderás continuar coa presentación obtendo a mensaxe "Revise as advertencias antes de presentar a declaración".

Unha vez validada, revisa os datos e se son correctos pulsa "Presentar declaración" dende a botoeira superior ou dende o resumo de declaracións.


Se a declaración é con resultado a devolver, comproba o código IBAN da conta na que desexas que che realicen a devolución. Por defecto, aparecerá a conta IBAN que indicaches no exercicio anterior; non obstante, podes modificala nesta pantalla.
Tamén poderás seleccionar para a devolución un IBAN dunha conta aberta no estranxeiro (UE/SAIBA).
Existe tamén a opción de devolución por transferencia a través dunha entidade financeira establecida no estranxeiro e que non pertence á área UE/SAIBA. Todos os campos son de cumprimentación obrigatoria a excepción do SWIFT-BIC que é opcional. En Código de País, non poderá indicarse un correspondente á UE/SAIBA. Deberás cumprir obrigatoriamente o numero de conta, o banco, a cidade, dirección e país.
Se a declaración ten como resultado un ingreso, marca, en primeiro lugar, se desexas fraccionalo en dous pagos ou non. Esta opción estará dispoñible unicamente dentro do prazo para presentar Renda.

A continuación, poderás seleccionar varias opcións de pago.
Domiciliación do importe a ingresar. A presentación con domiciliación bancaria poderá realizarse dende o 8 de abril ata o 25 de xuño, ambos os dous inclusive. Selecciona a opción "Domiciliación do importe a ingresar" e introduce o IBAN da conta na que queres que se realice a devolución. Se optas polo pago fraccionado, podes domiciliar ambos os dous pagos.

A ingresar con Pago Electrónico. Neste caso poderás optar por tres formas de pago:
Pago con cargo en conta. Conectarate coa pasarela de pago para obter o NRC nese momento, cargando o importe na conta que asignes.
Pago con tarxeta de crédito/débito ou Bizum. Conectarate coa pasarela de pago da entidade bancaria para obter o NRC nese momento. Non é necesario que a entidade sexa colaboradora.
Recuperar un pago previo (NRC). Deberás realizar o ingreso total dende a túa Entidade Bancaria xerando o NRC xustificante do pago, xa sexa nas súas oficinas ou mediante banca electrónica que che ofreza a túa entidade. Posteriormente, deberás introducir o NRC na casa "Número de referencia NRC".

A ingresar con Documento de ingreso para Banco/Caixa. Permíteche obter o documento de ingreso para pagalo presencialmente na entidade bancaria. Mediante esta opción a declaración quedará pendente de pago ata presentala na túa entidade financeira.

Outras modalidades de pago. Ingresos parciais, recoñecementos de débeda con imposibilidade de pago, solicitude de aprazamento ou pago mediante transferencia nunha conta dunha Entidade non Colaboradora, entre outros.

Despois de seleccionar a forma de pago, pulsa "Aceptar" para presentar a declaración.
Recorda que en declaracións conxuntas será necesario indicar a referencia ou o código PIN obtido para o cónxuxe, para presentar a declaración, independentemente do tipo de acceso do declarante. O número de referencia é individual para cada declarante.
Se existen avisos, informarásete diso antes de continuar coa firma e envío da declaración. Pulsa "Continuar" se desexas proseguir.
Na nova ventá marca a casa "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar" para concluír a presentación da declaración. No botón "Información declaración" mostraranse os datos codificados desta.

Cando a túa declaración sexa presentada poderás ver a mensaxe "A súa presentación foi realizada con éxito" e o código seguro de verificación asignado. Mostrarase un PDF que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e nas páxinas posteriores, a declaración completa.

Podes imprimir ou gardar esta páxina como xustificante coa información da presentación realizada por internet. Para imprimir a páxina preme co botón dereito do rato e elixe "Imprimir" no menú ou preme na icona da impresora no bordo superior. Non obstante sempre poderá consultala a través da sede en "Consulta de declaracións presentadas".
Nos casos nos que exista recoñecemento de débeda, na folla resposta de presentación realizada con éxito, mostrarase un enlace para realizar a presentación do aprazamento ou a solicitude de compensación.
Pulsa "Tramitar débeda" e aparecerá o detalle da liquidación cos datos do debedor e a clave de liquidación. Deberás escoller entre unha das opcións dispoñibles: aprazar, compensar ou pagar.

Se accedes de novo a "Renda WEB. Servizo tramitación borrador/declaración (Renda WEB)", comprobarás que no apartado "Historia do Expediente" aparece "Gravación da súa declaración" coa data na que se realizou. Verifica tamén que na parte superior, apareza a mensaxe "A súa declaración estase a tramitar".
Se seleccionaches "Recoñecemento de débeda e pago por transferencia" mostrarase o documento-xustificante da presentación co CSV (Código Seguro de Verificación) xunto cunha relación de avisos importantes sobre o pago, que aínda queda pendente de ingreso. Esta ventá permite xerar un PDF coas instrucións para levar a cabo a transferencia bancaria.