Renda 2015
Saltar índice da informaciónServizo tramitación de borrador/declaración - Renda WEB 2015
O servizo de tramitación do borrador ou declaración (Renda WEB) 2015 poderá ser usuado por todos os contribuíntes agás por aqueles que teña rendementos de actividades económicas;para estes contribuíntes está dispoñible o programa de axuda PAI de Renda 2015.O contribuínte terá acceso aos servizos de Renda WEB que nese momento estean habilitados, ademais dos enlaces a trámites e consultas do exercicio 2015.
Identifícate con Cl@ve PIN, con número de referencia ou con certificado ou DNI electrónico.
Unha vez que accedas ao expediente, dispoñerás da seguinte información:
O estado de tramitación da declaración.
Os servizos dispoñibles, entre eles a consulta de datos fiscais, datos censuais ou a consulta e presentación do borrador/declaración (Renda WEB).
A historia do expediente onde quedaron gravados todos os estados do expediente e, se xa está presentada, obter unha copia da declaración presentada dende o enlace "Gravación da declaración...".
Para presentar a declaración fai clic en "Borrador/Declaración (Rende WEB)" dentro do apartado "Servizos Dispoñibles"
Se xa accediches a Renda WEB anteriormente, nunha ventá emerxente informarase da existencia dunha sesión anterior, que podes recuperar dende a opción "Continuar" ou comezar unha nova tramitación, incorporando novamente os datos fiscais.Tamén poderás escoller a lingua na que desexas realizar a declaración.
Se é a primeira vez que accedes, mostraranse na primeira pantalla, os datos identificativos do declarante e do resto de declarantes dos compoñentes da unidade familiar.Se contén datos erróneos ou imprecisos ou se omitiu algún dato concreto antes deberás modificalo.Ten en conta que o estado civil e se tes fillos menores de idade ou incapacitados xudicialmente sometidos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada non poderá ser modificado posteriormente.
En declaracións con cónxuxe, se desexas comparar o resultado da declaración nas distintas opcións de tributación, individual ou conxunta, necesitarás o número de referencia do cónxuxe.Neste caso pulsa o botón "Referencia" e nunha ventá emerxente poderás incluír a referencia.Se os datos son correctos, pulsa "Aceptar" para continuar coa tramitación.
Tras aceptar a pantalla de datos identificativos, cando a aplicación detecte que se deben trasladar á declaración datos fiscais adicionais, terás que seguir as instrucións das posteriores ventás para incorporar esta información.Se non necesitas incorporar información adicional para xerar a declaración, accederás directamente ao resumo de resultados dende onde poderás, tanto comprobar cal é o resultado da declaración para cada modalidade coma completar a declaración, se fose necesario.
Na parte superior sitúase un menú adicional dende o que podes visualizar os datos fiscais imputados para cada declarante e, descargar un PDF coa vista previa da declaración de cada declarante ou conxunta.Para poder visualizar os documentos en formato PDF é necesario ter instalado un visor de ficheiros PDF.
Dende o "Resumo de declaracións", na parte inferior encontrarás unha botoeira dende a que poderás gardar a declaración co botón "Gardar" e ver os teus datos persoais no acceso "Datos persoais".No acceso "Ver datos trasladados" poderás comprobar cales son os datos que se incorporaron na declaración, os non incorporados e as notas da incorporación.Tamén dispós de vídeos explicativos e, na icona da interrogación, información sobre a cumprimentación.
Se pulsas o botón "Continuar coa declaración" accederás á declaración onde poderás continuar realizando cambios movéndote pola frechas de desprazamento ou dende o botón "Mostrar Información" acceder ás distintas seccións da declaración.Antes de presentar a declaración comproba se ten erros na cumprimentación pulsando o botón "Validar".
Dende esta mesma ventá de resumo de resultados, no enlace "Presentar declaración" poderás finalizar a tramitación da declaración.
Se o resultado é un ingreso deberás incluír o NRC (xustificante do pagamento) ou seleccionar outras formas de pagamento como o aprazamento ou recoñecemento da débeda.Por último fai clic en "Asinar e Enviar" para presentar a declaración telematicamente ou "Xerar predeclaracion" para presentar a declaración en papel.