Renda 2015
Saltar índice da informaciónServizo tramitación de borrador/declaración - Renda WEB 2015 con apoderamento
Os que dispoñan dos apoderamentos xerais e específicos relacionados co modelo 100 (100P ou GENERALLEY58), poderán utilizar o servizo Renda WEB para acceder aos expedientes de Renda de 2015 dos seus mandantes.
Podes consultar o listado de apoderamentos dende a opción "Catálogo de trámites habilitados para o apoderamento" dispoñible na sección "Rexistro de apoderamentos" de "Colaboradores".
Fai clic en "Servizo tramitación de borrador/declaración (Renda WEB) 2015 con apoderamento" e identifícate con certificado electrónico ou co sistema Cl@ve PIN.
Indica continuación o NIF o NIE, apelidos e nome do mandante.Pulsa "Acceder".
Unha vez que acceda ao expediente, dispoñerás da seguinte información:
O estado de tramitación da declaración.
Os servizos dispoñibles, entre eles a consulta de datos fiscais, datos censuais ou a consulta e presentación do borrador/declaración (Renda WEB).
A historia do expediente onde quedaron gravados todos os estados do expediente e, se xa está presentada, obter unha copia da declaración presentada dende o enlace "Gravación da declaración...".
Para presentar a declaración fai clic en "Borrador/Declaración (Rende WEB)" dentro do apartado "Servizos Dispoñibles"
Se xa accediches a Renda WEB anteriormente, nunha ventá emerxente informarase da existencia dunha declaración anterior, que pode recuperar dende a opción "Continuar" ou comezar unha nova tramitación, incorporando novamente os datos fiscais.Tamén poderás escoller a lingua na que desexa realizar a declaración.
Se é a primeira vez que accedes, mostraranse na primeira pantalla, os datos identificativos do declarante e do resto de declarantes dos compoñentes da unidade familiar.Se contén datos erróneos ou imprecisos ou se omitiu algún dato concreto antes deberás modificalo. Ten en conta que a información sobre o estado civil e os fillos menores de idade ou incapacitados xudicialmente sometidos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada non poderá ser modificada posteriormente.
En declaracións con cónxuxe, se desexas comparar o resultado da declaración nas distintas opcións de tributación, individual ou conxunta, necesitarás o número de referencia do cónxuxe.Neste caso pulsa o botón "Referencia" e nunha ventá emerxente poderás incluír a referencia.Se os datos son correctos, pulsa "Aceptar" para continuar coa tramitación.
Tras aceptar a pantalla de datos identificativos, cando a aplicación detecte que se deben trasladar á declaración datos fiscais adicionais, terás que seguir as instrucións das seguintes ventás para incorporar esta información.Se non necesitas incorporar información adicional para xerar a declaración, accederás directamente ao resumo de resultados dende onde poderás tanto comprobar o resultado da declaración para cada modalidade como completar a declaración, se fose necesario.
Na parte superior dispós dun menú adicional dende o que podes visualizar os datos fiscais imputados para cada declarante e, descargar un PDF coa vista previa da declaración de cada declarante ou conxunta.Para poder visualizar os documentos en formato PDF é necesario ter instalado un visor de ficheiros PDF.
Dende o "Resumo de declaracións", na parte inferior encontrarás unha botoeira dende a que poderás gardar a declaración no botón "Gardar" e ver os datos persoais no acceso "Datos persoais".No acceso "Ver datos trasladados" poderás comprobar os datos que se incorporaron na declaración, os non incorporados e as notas da incorporación.Tamén dispós de vídeos explicativos e, na icona da interrogación, información sobre a cumprimentación.
Se pulsas o botón "Continuar coa declaración" accederás á declaración onde poderás continuar realizando cambios movéndote pola frechas de desprazamento ou dende o botón "Mostrar Información" acceder ás distintas seccións da declaración.Antes de presentar a declaración comproba se ten erros na cumprimentación pulsando o botón "Validar".
Dende esta mesma ventá de resumo de resultados, no enlace "Presentar declaración" poderás finalizar a tramitación da declaración.
Se o resultado é un ingreso deberás incluír o NRC (xustificante do pagamento) ou seleccionar outras formas de pagamento como o aprazamento ou recoñecemento da débeda.Por último fai clic en "Asinar e Enviar" para presentar a declaración telematicamente ou "Xerar predeclaracion" para presentar a declaración en papel.