Renda 2020
Saltar índice da informaciónConsulta de datos fiscais 2020
A consulta de datos fiscais de 2020 está dispoñible na páxina de trámites do modelo 100, dentro do apartado "Exercicios anteriores", identificandose con certificado dixital ou DNI electrónico, Cl@ve PIN ou co número de referencia.
Indica o teu DNI ou NIE para acceder con Cl@ve PIN ou co número de referencia da campaña actual ou utiliza a ligazón "Acceda con certificado ou DNI electrónico" para identificarche con certificado electrónico ou DNIE.
Na seguinte pantalla, escolle a ligazón dispoñible para o tipo de acceso elixido, que variará en función da túa situación.
Se estás rexistrado en Cl@ve PIN e optas por esta identificación, tras obter o PIN, ben por SMS ou pola APP , pulsa "Acceder".
Se elixes a identificación con referencia, achega a última referencia válida que obtiveses. Se non dispós dela , pulsa "Non teño Referencia" para obtera. Lembra que podes utilizar a APP da Axencia Tributaria para conseguir unha referencia. Necesitarás o recadro 505 da túa declaración de Renda de 2020. Se non presentaches a declaración de 2020, solicitarache os últimos 5 díxitos dunha conta IBAN de que sexas titular e estea identificada pola Axencia Tributaria.
Tras identificarche por calquera das tres vías, accederás aos datos fiscais que lle constan á Axencia Tributaria para o exercicio 2020.