Rende Web Open
"Renda WEB Open" é unha versión de Renda WEB que funciona como un simulador;permite simular a súa declaración de IRPF pero non require identificación do contribuínte, non valida o NIF do declarante e non necesita dispoñer de datos fiscais.
Nota: Rende WEB Open non permite a presentación da declaración.
Na ventá inicial poderás comezar unha "Nova declaración" o "Cargar" os datos dunha declaración previamente gardada e creada coa mesma aplicación (ficheiro.ses).
Seleccione o idioma e introduza os datos identificativos completos aínda que non se efectuará ningunha validación contra o censo da Axencia Tributaria.Se iniciaches unha nova declaración deberás incluír todos os datos, persoais e económicos, para simular o resultado.
Unha vez aceptada a pantalla de datos identificativos, accédese directamente ao resumo de resultados.Para comezar coa simulación da túa declaración, podes acceder ás distintas seccións da declaración dende "Apartados declaración" ou pulsar nos enlaces numéricos xunto a cada concepto.Recorda que os datos se introducen dende as modalidades individuais e a declaración conxunta recalcúlase automaticamente cos datos introducidos nas declaracións de cada declarante.
De novo na declaración, dispoñerás dunha desagregación de enlaces que dirixen aos distintos apartados da declaración e se pulsas en "Mostrar opcións" amplíase a botoeira con máis accións, incluído o comando de frechas para navegar entre as páxinas da declaración.
Dende "Buscar casa" podes localizar apartados da declaración por número de casa ou conceptos.
O botón "Validar" analiza a cumprimentación que se efectuou e detecta os posibles avisos e erros.
Se queres recuperar a declaración cuberta noutro momento, pulsa o botón "Gardar" para obter o ficheiro.ses, que podes recuperar dende a ventá inicial pulsando a opción "Cargar".Podes elixir a situación na que se descargará o ficheiro que, por defecto, se almacena na carpeta que teña como predetermina o navegador.O ficheiro terá por nome dat-100-NIF do declarante-fecha.ses.
Para comprobar o resultado podes acceder á última páxina, Documento de ingreso ou devolución ou ao resumo de declaracións.
Rende WEB Open permite a xeración dun PDF coa "Vista previa" da declaración aínda que este documento non é válido para a súa presentación.