Requisitos técnicos para o uso da APP-AEAT
A APP-AEAT para dispositivos móbiles encóntrase dispoñible de forma gratuíta nas plataformas oficiais de descarga para iOS e Android nos markets oficiais de Google, Apple e Huawei.
Hai que ter en conta a seguinte configuración para poder usar correctamente a aplicación:
- Requírese que o dispositivo teña conexión a internet, xa sexa mediante wifi ou datos.
- Se tiveses algún usuario identificado na APP-AEAT requírese que o dispositivo estea protexido por un patrón de seguridade de acceso.O usuario poderá escoller entre os distintos sistemas de bloqueo do seu dispositivo:contrasinal, pin, pegada dactilar, patrón de desbloqueo, recoñecemento facial, etc.
- Se non tiveses ningún usuario identificado na APP-AEAT poderás utilizala accedendo con Cl@ve PIN, certificado electrónico software (sistemas iOS e Android) ás xestións de Renda sen identificar ningún usuario.
- Para dar de alta unha carteira de usuarios, o usuario titular pode identificarse con Cl@ve PIN, certificado electrónico software (sistemas iOS e Android) e DNI electrónico (sistemas Android).
- A APP-AEAT incorpora a posibilidade do modo escuro de pantalla se nos axustes do teu dispositivo o tes configurado.
No caso de que se detecte que o dispositivo móbil non ten establecido un sistema de desbloqueo, indicaráseche que accedas aos axustes do teu dispositivo para configuralo.Unha vez configurado poderás agregar e xestionar dende a APP-AEAT os distintos usuarios.
Características de accesibilidade
A aplicación móbil permite utilizar as ferramentas de apoio que ofrece o sistema operativo e outras ferramentas personalizadas, entre elas, os lectores de pantalla, os magnificadores (como poden ser o Zoom ou a Lupa), as opcións de texto grande e alto contraste, o ditado e o recoñecemento de voz, etc.
Cando se abre a APP-AEAT, mostrarase un aviso coa política de privacidade e condicións do servizo e a recollida e uso de datos, que debes de aceptar para acceder á APP-AEAT.