Servizo Renda WEB para colaboradores sociais
Poderás acceder ao servizo Renda WEB como colaborador para tramitar a declaración dos teus representados, dende a opción xeneral "Servizo tramitación de borrador / declaración (Renda WEB)".
A continuación, identifícate coa túa firma dixital facendo clic no enlace "Acceda con certificado ou DNI electrónico".
Despois, fai clic no enlace "Actuación como representante" e indica os datos do representado para o que vas actuar e pulsa "Confirmar".
Na seguinte ventá, terás que indicar a referencia do expediente de Renda do contribuínte.Pulsa "Acceder".
Unha vez no expediente do contribuínte, pulsa sobre o enlace "Borrador/Declaración (Renda WEB)" do apartado "Servizos Dispoñibles" para acceder á declaración.
Se xa accediches a Renda WEB nalgún outro momento, nunha ventá emerxente informarase da existencia dunha declaración anterior, que podes recuperar dende a opción "Continuar sesión", modificar unha declaración presenta anteriormente dende "Modificar declaración presentada"Ou comezar unha nova tramitación dende "Nova declaración" incorporando novamente os datos fiscais.Tamén poderás escoller a lingua cooficial na que desexas realizar a declaración.
Se é a primeira vez que accedes mostraranse na primeira pantalla, os datos identificativos do declarante e do resto de compoñentes da unidade familiar.Se contén datos erróneos ou imprecisos ou se omitiu algún dato concreto, deberás modificalo antes de continuar.Ten en conta que a información sobre o estado civil e os NIF dos cónxuxes non poderá ser modificada posteriormente.
No caso de que exista cónxuxe deberás autorizar o traslado de datos fiscais do cónxuxe utilizando a referencia ou Cl@ve PIN deste.Se non desexas introducir os datos fiscais do cónxuxe, debes marcar a casa para o cálculo da declaración individual.