Xestións de Renda que ofrece a APP-AEAT
Saltar índice da informaciónRatificación do domicilio fiscal
A opción "Ratificación do domicilio fiscal" permite consultar e modificar o domicilio habitual que fose ratificado anteriormente ao acceder a un servico de Renda. O acceso por esta opción independente require identificación con Cl@ve, certificado electrónico ou DNIE.
Mostraranse en pantalla os datos do domicilio fiscal que figura no censo da Axencia Tributaria, incluída a titularidade do inmoble, non sendo que efectuases un cambio de domicilio fiscal despois da ratificación do domicilio do exercicio anterior, en cuxo caso solicitarémosche que o selecciones novamente na desdobrable "Titularidade".
Na APP tamén está integrada a ratificacíon do domicilio fiscal do cónuyge e dos fillos, se non o teñen ratificado aínda. Polo tanto, nas declaracións con cónxuxe e descendentes, unha vez identificado ao cónxuxe e os descendentes, conectarase coa aplicación de Ratificación para que ratifiques o seu domicilio.
Na parte inferior indica a titularidade, en caso de seleccionar a clave "Arrendatario" deberás indicar o NIF do arrendador. Se este non reside en España e non ten NIF, indica o seu número de identficación no seu país de residencia.
Se tes varios domicilios en propiedade e o que aparece non é o correcto, pulsa o botón "Continuar" e selecciona o domicilio onde tes a túa residencia habitual facendo clic no enderezo do inmoble.
Se os datos non son correctos pulsa o botón "Modificar", a continuación, introduce a referencia catastral do domicilio habitual para continuar coa ratificación
Se son correctos pulsa "Ratificar".
Ten en conta que ao acceder aos servizos de Renda solicítase esta confirmación.
Unha vez ratificado o domicilio podes descargarche o xustificante en PDF.