Como identificarse con Cl@ve PIN en xestións doutros organismos distintos á AEAT
Se estás realizando unha xestión electrónica na web dun organismo distinto da AEAT e seleccionas a identificación con Cl@ve PIN, o proceso será o seguinte:
Tras seleccionar o acceso con Cl@ve PIN, introduce o teu número de DNI / NIE e o dato de contraste solicitado e pulsa Continuar.
A continuación, pulsa Obter PIN.
Accede á APP Cl@ve do teu dispositivo móbil para ver o PIN obtido.
Se non tes instalada a APP, espera uns segundos ata que se mostre a opción para Solicitar o envío de SMS co PIN
Teclea o PIN (que visualizaches na APP Cl@ve ou que recibiches por SMS ) e pulsa Acceder para finalizar o proceso e identificarche correctamente.