Informador Censual
Proporciona información sobre cuestións relacionadas co Censo de Obrigados tributarios, de forma interactiva mediante preguntas e respostas.
Esta ferramenta ofrécelle información sobre como solicitar o NIF, os distintos modelos de declaracións censuais, forma, lugar de presentación e causas de presentación, así como documentación a anexar en cada caso.
Con esta ferramenta poderá consultar como realizar os trámites censuais de carácter persoal e / ou os que afectan ao exercicio de actividades económicas e as súas obrigas tributarias, como responder a requirimentos ou trámites recibidos no seo de procedementos de comprobación censual.
Á marxe do aspecto censual, inclúense materias referentes aos sistemas de identificación e sinatura electrónica, rexistro de apoderamentos e sucesores, así como solicitar e obter certificados tributarios.
Seleccione as opcións que correspondan nos desdobrables que se lle irán mostrando. Unha vez seleccionados, os resultados mostraranse ao final.
En función de que a resposta sexa satisfactoria ou non, se lle ofrecerán as seguintes posibilidades:
- Obtención de copia escrita en formato PDF, para o cal cómpre autenticarse con Certificado electrónico ou co sistema Cl@ve, e proporcionar unha conta de correo electrónico á que se enviará a ligazón ao ficheiro PDF correspondente.
- Acceso a un CHAT atendido por especialistas na materia, sempre que se estea dentro de horario e haxa axentes especialistas libres para poder atenderlle.
- Acceso á Aplicación "INFORMA+", na que poderá rexistrar a súa pregunta para que sexa analizada por un equipo de especialistas e poídanlle responder por escrito, para o cal cómpre autenticarse con Certificado electrónico ou co sistema Cl@ve.