Saltar ao contido principal
Carteira de valores

3.1. OPERACIÓNS CONSISTENTES E INCONSISTENTES

Para que o programa poida calcular os resultados do exercicio é preciso que os datos das operacións que inflúen nos devanditos resultados estean completos.

O programa clasifica, aos exclusivos efectos de poder extraer resultados, as operacións en consistentes ou inconsistentes.

Considérase operación consistente cando todos os datos necesarios para o cálculo de resultados están completados. Este dato aparecerá, na súa marxe esquerda, cun círculo de cor verde. En todo caso sempre cómpre revisar de que ademais de completos os datos son correctos.

Considérase operación inconsistente cando non todos os datos necesarios para o cálculo de resultados están completados.

As operacións inconsistentes aparecerán cun circulo amarelo ou vermello na súa marxe esquerda.

Son amarelas as operacións en que faltando algún dato non inflúen nos resultados do exercicio. Nestes casos, aínda que falte algún dato, permítese utilizar Carteira de Valores para cubrir as ganancias e perdas en Renda Web.

Son vermellas as operacións que inflúen nos resultados do exercicio. Nestes casos sempre se fai necesario completar o dato para poder utilizar carteira de valores e trasladar os seus resultados a Renda Web.

Importante : Teña en conta que, a inconsistencia dunha operación, por veces, afecta á consistencia das operacións posteriores. Por iso, en moitos casos, unha vez completada a primeira operación, volverase consistente non só esa operación senón tamén as sucesivas.