4.11 OPERACIÓNS INTRADÍA
No caso de que existan varias operacións coa mesma data (por exemplo, unha adquisición de accións e a súa posterior venda no mesmo día), Carteira de valores ordenaraas en función da hora de realización.
Non obstante, pode ocorrer que as operacións teñan a mesma hora e non estean correctamente ordenadas (por exemplo, consta a transmisión antes que a adquisición) co que a agrupación será inconsistente.
Neste caso, deberá ordenar as operacións conforme á orde en que se realizaron modificando o campo relativo á hora que por defecto aparece como 00:00:00. Teña en conta que non cómpre pór a hora exacta da operación; é suficiente con que a hora da operación que se realizou despois sexa posterior á primeira operación realizada.