10.4.13. Por arrendamento de vivenda por traslado temporal
Esta dedución non é aplicable a contribuíntes falecidos con anterioridade a 31 de decembro de 2017.
Os contribuíntes poderán deducirse o 15 por cento dos gastos satisfeitos durante o exercicio en concepto de renda de alugamento de vivenda por razón do traslado temporal da súa illa de residencia a outra illa do arquipélago balear no ámbito dunha mesma relación laboral por conta allea.
O importe máximo anual desta dedución será de 400 euros.
Requisitos
a) Que se trate dun arrendamento dun inmoble destinado a vivenda e ocupado efectivamente polo contribuínte.
b) Que se constituíse o depósito da fianza a favor do Instituto Familiar da Vivenda.
c) Que a suma das bases impoñibles, xeral e do aforro non supere a cantidade de 30.000 euros en tributación individual, nin 48.000 euros en tributación conxunta.
d) Que o contribuínte identifique o arrendador na autoliquidación do IRPF.
e) Que o contribuínte poida xustificar documentalmente o gasto satisfeito e o resto de requisitos esixibles para a dedución.
f) Que o traslado temporal non exceda os tres anos de duración.
A formalización da dedución realizarase no Anexo B6, e o programa trasladará os datos á dedución.