1. Introdución
Renda Web é o servizo de axuda para tramitar e presentar a declaración de Renda. Todos os contribuíntes poden utilizar Renda WEB en Renda 2019, incluso os que obteñan rendas procedentes de actividades económicas.
Non cómpre descargar previamente un programa. O servizo de Renda WEB permítelle: iniciar a declaración nun dispositivo e finalizara noutro , descargar as rendas e incorporar as que non se encontren en poder da Administración, gardar as modificacións que faga, e acceder posteriormente, e desde calquera equipo a unha “Nova declaración” sen as modificacións realizadas, ou “Continuar” coa declaración en que realizou as modificacións. Ademais, permítelle a través do resumo de declaración, comparar nas unidades familiares cal é a opción máis vantaxosa de declaración.