Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.1.1. Para os contribuíntes beneficiarios das axudas familiares

Esta dedución só é aplicable no caso de contribuíntes falecidos antes do 25 de xullo de 2019.

Os contribuíntes que percibisen axudas económicas en aplicación da normativa da Comunidade Autónoma de Andalucía de apoio ás familias andaluzas terán dereito a aplicar na cota íntegra autonómica, as seguintes deducións:

  1. Se se tivese dereito a percibir axudas económicas por fillo menor de 3 anos no momento dun novo nacemento: 50 euros por cada fillo menor de 3 anos que integre a unidade familiar do contribuínte.

  2. Se se ten dereito a percibir axudas económicas por parto múltiple: 50 euros por fillo nado que integre a unidade familiar do contribuínte.

Cando a dedución corresponda a dous contribuíntes o seu importe distribuirase entre eles por partes iguais.

Límite de Base impoñible

Poderán aplicar estas deducións aqueles contribuíntes respecto dos cales os ingresos anuais da unidade familiar en que se integran non excedan de 11 veces o salario mínimo interprofesional, isto é  118.800 euros anuais.

Considéranse ingresos anuais da unidade familiar os compostos pola base impoñible xeral e a base impoñible do aforro.

Formalización

A través dunha xanela de captura de datos deberá indicar:

  • Beneficiarios da axuda por fillos menores de 3 anos no momento dun novo nacemento :

    En caso dun matrimonio e cando ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "común" o número de fillos que dan dereito á percepción das axudas.

    Noutro caso ou cando existindo matrimonio  optase por unha captura de datos individual, o número de fillos menores de tres anos que dan dereito á percepción das axudas reflectirase no recadro "Titular". Neste suposto, deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, reflectindo nela un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito á mesma.

  • Beneficiarios da axuda por parto múltiple :

    En caso dun matrimonio e cando ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "común" o número de fillos que dan dereito á percepción das axudas.

    Noutro caso ou cando existindo matrimonio  optase por unha captura de datos individual, o número de fillos polos que se teña dereito á percepción da axuda por parto múltiple reflectirase no recadro "Titular". Neste suposto, deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, reflectindo nela un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito á mesma.