10.1.10. Por asistencia a persoas con discapacidade
Os contribuíntes que teñan dereito á aplicación do mínimo por discapacidade de descendentes ou ascendentes conforme á normativa estatal, poderán deducirse da cota íntegra autonómica a cantidade de 100 euros por persoa con discapacidade.
Cando varios contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución prevista no parágrafo anterior, estarase ás regras do rateo, convivencia e demais límites previstos na normativa estatal.
Límite de base impoñible:
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non debe superar 80.000 euros en tributación individual ou a 100.000 euros en caso de tributación conxunta.
Persoas con discapacidade que necesitan axuda de terceiras persoas :
Cando se acredite que as persoas con discapacidade necesitan axuda de terceiras persoas e xeren dereito á aplicación do mínimo en concepto de gastos de asistencia conforme á normativa estatal, o contribuínte ademais poderá deducir da cota íntegra autonómica a cantidade seguinte:
-
O 15 por 100 do importe satisfeito á Seguridade Social concepto de cota fixa que sexa por conta do empregador, de conformidade co que se establece no Sistema Especial para Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.
-
Esta dedución terá como límite 500 euros anuais por contribuínte.
-
Unicamente terá dereito a esta dedución o contribuínte titular do fogar familiar que conste como tal na Tesourería Xeral da Seguridade Social.
-
Importante : Esta dedución adicional non ten limitacións de base impoñible para a súa aplicación.
Formalización
-
Dedución aplicable con carácter xeral:
O programa xerará a dedución de 100 euros por cada ascendente ou descendente con discapacidade que cumpra os requisitos citados.
-
Se precisa de axuda de terceiras persoas:
No suposto de que a persoa con discapacidade necesite axuda de terceiras persoas deberá indicar ademais na xanela de captura de datos a seguinte información:
-
As cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de cota fixa no réxime especial da Seguridade Social de empregados do fogar de traballadores fixos.
-
Deberá indicar o Código de Conta de Cotización do empregador.
-