10.1.3. Para os beneficiarios das axudas a vivendas protexidas
Os contribuíntes que teñan dereito a percibir subvencións ou axudas económicas en aplicación da normativa autonómica de Andalucía para a adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual que teña a consideración de protexida, poderán aplicar na cota íntegra autonómica unha dedución de 30 euros. A dedución só é aplicable unha vez, con independencia de se se percibe a subvención de forma íntegra ou fraccionada, e practicarase no período impositivo en que os contribuíntes percibisen a subvención ou axuda (se é íntegra) ou o primeiro ano da súa percepción (se se fai de forma fraccionada)
No suposto de declaración conxunta, se houbese varios beneficiarios de axudas a vivendas protexidas, a dedución que hai que aplicar será igualmente de 30 euros, sen que proceda a súa multiplicación en función do número de membros da unidade familiar beneficiario da axuda.
Requisitos
-
Os ingresos anuais da unidade familiar en que se integre o contribuínte, non debe exceder de 2,5 veces o IPREM (16.135,07 euros) no caso de vivendas protexidas de réxime especial, 3,5 veces o IPREM (22.589,10), no caso de vivendas protexidas de réxime xeral e 5,5 veces o IPREM (35.497,16 euros) nas vivendas protexidas de prezo limitado, de acordo co que se establece no artigo 23 do Plan de Vivenda e Rehabilitación de Andalucía 2016-2020.
-
Considéranse ingresos anuais da unidade familiar os compostos pola base impoñible xeral e a base impoñible do aforro.
Formalización
Se percibiu subvencións ou axudas económicas en aplicación da normativa autonómica de Andalucía para a adquisición ou rehabilitación de vivenda habitual que teña a consideración de protexida deberá seleccionar no desdobrable o réxime de protección da mesma.