Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.1.7. Por adopción de fillos no ámbito internacional

Nos supostos de adopción internacional, os contribuíntes terán dereito a aplicar unha dedución de 600 euros por cada fillo adoptado no período impositivo en que se inscribise a adopción no Rexistro Civil.

Requisitos

  1. A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non debe superar 80.000 euros en caso de tributación individual ou 100.000 euros en tributación conxunta.

  2. Entenderase que a adopción ten carácter internacional cando así resulte das normas e convenios aplicables a esta materia.

  3. Cando sexan dous os contribuíntes con dereito á aplicación da dedución o seu importe distribuirase por partes iguais. Se un dos adoptantes  non pode aplicar a dedución por superar as bases impoñibles establecidas para ese fin o outro poderá aplicar o importe total da dedución.

Formalización

En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución, deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos adoptados no ámbito internacional.

Noutro caso, o número de fillos adoptados internacionalmente reflectirase no recadro "Titular". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, reflectindo nela un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito á mesma.