10.10.5. Por partos múltiples
No caso de partos múltiples, os contribuíntes terán dereito á aplicación dunha dedución de 300 euros por fillo nado no período impositivo.
Requisitos
-
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non debe superar 19.000 euros en caso de tributación individual ou 24.000 euros en caso de tributación conxunta.
-
Só terán dereito a practicar a dedución os pais que convivan cos fillos nados.
-
Cando os fillos nados convivan con ambos os dous proxenitores o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles se optasen por tributación individual.
-
As anteriores circunstancias entenderanse referidas á data de devindicación do imposto.
Formalización
En caso de matrimonio se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución deberá indicar no recadro "Común" o número de fillos nados no parto múltiple.
Noutro caso, o número de fillos nados no parto múltiple reflectirase no recadro "Titular". Neste suposto deberá cubrir, adicionalmente, se os fillos conviven con ambos os dous pais.