Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.10.6. Por compra de material escolar

Os contribuíntes terán dereito a aplicar unha dedución de 15 euros pola compra de material escolar se cumpren os seguintes requisitos :

Que teñan ao seu cargo fillos ou descendentes en idade escolar obrigatoria. Entenderase cumprido este requisito unicamente cando o fillo ou descendente teña unha idade comprendida entre os 6 e os 15 anos na data de devindicación do imposto.

  • Que a base impoñible xeral e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en caso de tributación individual ou a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.

  • Que se teña dereito á aplicación do mínimo por descendentes

  • Que os fillos ou descendentes convivan co contribuínte. 

Cando un fillo ou descendente escolarizado conviva con ambos os dous pais ou ascendentes o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles no caso de que optasen por declaración individual. 

Formalización 

En caso de matrimonio cando ambos os dous cónxuxes teñan dereito aplicar a dedución reflectirase no recadro "Común" o número de fillos ou descendentes que ten en idade escolar obrigatoria que xeren o dereito á dedución.

Noutro caso, reflectirase no recadro "Titular" o número de fillos ou descendentes que ten en idade escolar obrigatoria que dan dereito á dedución, indicando adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución por eses mesmos descendentes.