Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.10.8. Por gastos de gardaría para fillos menores de 4 anos

Os contribuíntes con fillos menores de catro anos á data de devindicación do imposto poderán aplicar unha dedución do 10% das cantidades satisfeitas no período impositivo por gastos de gardaría en centros de educación infantil autorizados pola Conserxaría competente en materia de educación, cun máximo de 220 euros anuais para o total de fillos.

Requisitos

  • Que as bases impoñibles xerais e do aforro non sexa superior a 19.000 euros en caso de tributación individual ou a 24.000 euros en caso de tributación conxunta.

  • Terase dereito a aplicar a dedución por cada fillo polo que se teña dereito ao mínimo por descendentes.

  • Só terán dereito a practicar a dedución os pais que convivan cos seus fillos á data de devindicación do imposto. Cando un fillo conviva con ambos os dous pais o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles no caso de que optasen por tributación individual, con independencia de que o gasto fose ou non satisfeito por ambos os dous.

Formalización

Deberá reflectir as cantidades satisfeitas por gastos de gardarías de forma separada dependendo se os fillos conviven con ambos os dous pais, ou cun só deles .