Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.11.6. Por alugamento da vivenda habitual

O contribuínte poderá deducir o 10 por 100 das cantidades que satisfixese durante o período impositivo en concepto de alugamento da súa vivenda habitual, cun límite de 300 euros por contrato de arrendamento e ano  tanto en tributación individual como na conxunta. Esta dedución será do 20 por cento cun límite de 600 euros  por contrato e ano  se ten dous ou máis fillos menores de idade.

As contías fixadas para esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

Requisitos

  1. O contribuínte debe ter 35 anos ou menos na data da devindicación do imposto.

  2. O contrato de arrendamento debe ser posterior a 1 de xaneiro de 2003.

  3. Que estea en posesión do xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo ou ben copia compulsada da denuncia presentada ante o devandito organismo por non haberlle entregado o devandito xustificante a persoa arrendadora..

  4. A base impoñible, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal e familiar, non debe superar 22.000 euros, tanto en tributación individual como na conxunta. Este requisito será controlado polo programa.

Cando dous contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución, o importe total sen exceder do límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .

A práctica desta dedución quedará condicionada á súa xustificación documental.

No suposto de matrimonios en réxime de gananciais a dedución corresponderá ao cónxuxes por partes iguais aínda que o contrato de arrendamento estea só a nome dun deles .

Tributación conxunta

En caso de tributación conxunta o requisito da idade terá que cumpriro polo menos un do cónxuxes ou, se é o caso, o pai ou a nai.

Formalización

A través da xanela de captura de datos o contribuínte fará constar:

  • O importe total satisfeito polo contribuínte titular da dedución. O programa admite un máximo de tres contratos de arrendamento.
  • O número de persoas con dereito a aplicar a dedución por un mesmo contrato de arrendamento
  • O NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia.
  • O número de fillos menores de idade que conviven co conribuyente .

O programa trasladará os datos incluídos  do anexo B6 da declaración.