10.12.1. Por nacemento ou adopción de fillos
Os contribuíntes poderán deducir 600 euros por cada fillo nado ou adoptado.
A dedución aplícase, a partir do exercicio 2018, tanto no período impositivo en que se produza o nacemento ou a adopción, como nos dous períodos impositivos seguintes.
No caso de partos ou adopcións múltiples, a contía correspondente ao primeiro período impositivo en que se aplica a dedución incrementarase en 600 euros por cada fillo.
Para determinar o número de orde do fillo nado ou adoptado atenderase os fillos que convivan co contribuínte á data de devindicación do imposto, computandose tanto os fillos naturais como os adoptivos.
Requisitos
-
Só terán dereito á dedución os pais que convivan cos fillos nados ou adoptados. Cando os fillos nados ou adoptados convivan con ambos os dous pais o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles , se optasen por tributación individual.
-
A suma da base impoñible xeral e a do aforro non debe superar 30.000 euros en tributación individual e 36.200 euros no caso de tributación conxunta. Este límite, así como o importe da dedución son aplicados e controlados polo programa.
-
A suma das bases impoñibles xerais e do aforro de todos os membros da unidade familiar de que o contribuínte poida formar parte non poderá ser superior a 60.000 euros.
Se se trata dunha unidade familiar conxugal terán que agregarse as bases impoñibles de cada un dos membros da unidade familiar integrado na mesma, con independencia de que opten ou non polo réxime de tributación conxunta e de que estean obrigados ou non a presentar declaración. Así, para cada cónxuxe, a base impoñible será a correspondente a ambos os dous máis as dos fillos (menores de idade ou maiores incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada), comúns ou non, que convivan co matrimonio.No caso de tributación conxunta será a base impoñible da devandita declaración a que se teña en conta para os efectos do límite fixado.
Se se trata dunha unidade familiar monoparental ou non conxugal, terán que agregarse, exclusivamente as bases impoñibles dos membros da unidade familiar que teoricamente corresponda a cada contribuínte, de acordo co que se dispón no artigo 82.1.2ª da Lei do IRPF: o propio contribuínte e os fillos deste (menores ou maiores incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada) que convivan con el. E todo iso, tamén, con independencia de que se opte ou non por tributar polo réxime de tributación conxunta e de que estean ou non obrigados a presentar declaración. No caso de tributación conxunta será a base impoñible da devandita declaración a que se teña en conta para os efectos do límite fixado.
Formalización
A través dunha xanela de captura de datos indicaranse:
Para os fillos nados ou adoptados en 2019
-
Na fila que corresponda segundo o número de orde, sinalaranse nos recadros «Común», ou «Do Titular »os fillos nados ou adoptados no exercicio. Cando en caso de matrimonio os fillos comúns ao cónxuxes convivan con ambos os dous e representen para ambos os dous o mesmo número de orde, o dato reflectirase no recadro "Común". Noutro caso, o dato reflectirase no recadro «Do Titular », indicando, ademais, se os fillos conviven con ambos os dous pais ou adoptantes
-
Datos adicionais: No caso de partos ou adopcións múltiples, sinalaranse de acordo cos criterios anteriores, o número de fillos nados en partos múltiples ou adoptados en adopcións múltiples.
Para os fillos nados ou adoptados en 2018
- Na fila que corresponda segundo o número de orde, sinalaranse nos recadros «Común», ou «Do Titular »os fillos nados ou adoptados no exercicio. Cando en caso de matrimonio os fillos comúns ao cónxuxes convivan con ambos os dous e representen para ambos os dous o mesmo número de orde, o dato reflectirase no recadro "Común". Noutro caso, o dato reflectirase no recadro «Do Titular », indicando, ademais, se os fillos conviven con ambos os dous pais ou adoptantes