Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.12.3. Por acollemento familiar de menores

Por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, sempre que convivan co menor durante máis de 183 días do período impositivo, poderán deducirse as cantidades seguintes:

  1. 600 euros se se trata do primeiro menor en réxime de acollemento familiar.

  2. 750 euros se se trata do segundo menor en réxime de acollemento familiar.

  3. 900 euros se se trata do terceiro menor en réxime de acollemento familiar ou sucesivo.

Para os efectos de determinar o número de orde do menor acollido soamente computaranse aqueles menores que permanecesen acollidos durante máis de 183 días do período impositivo. En ningún caso computaranse os menores que fosen adoptados durante o devandito período impositivo.

Importante

Non se aplicará esta dedución no suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se producise a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación da dedución por nacemento ou adopción de fillos.

Para aplicar a dedución, a suma da base impoñible xeral e a do aforro non pode exceder de 25.620 euros e de 36.200 euros se se trata de tributación conxunta. Este requisito é controlado polo programa.

Se o acollemento é realizado por matrimonios ou unións de feito, o importe da dedución ratearase por partes iguais, se optasen por tributación individual.

Os contribuíntes deberán de estar en posesión, en caso de ser requirido,  do correspondente certificado acreditativo da formalización do acollemento, expedido pola Consellaría da Comunidade de Madrid competente na materia.

Formalización

En caso de matrimonio se o acollemento foi realizado por ambos os dous cónxuxes, e representa para ambos os dous o mesmo número de orde, o número de menores acollidos, segundo o seu número de orde, deberá indicarse no recadro "Común" que corresponda.

Noutro caso, o número de persoas acollidas, segundo o seu número de orde, reflectirase no recadro "Do Titular ". Neste suposto deberá indicarse adicionalmente se o acollemento foi realizado por un matrimonio ou unha unión de feito.