Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.13.10 Por adopción ou nacemento

Contía

Os contribuíntes poderán deducir, por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo en que se produza o nacemento ou a adopción, as seguintes cantidades: 

  • 100 euros se se trata do primeiro fillo.

  • 200 euros se se trata do segundo fillo.

  • 300 euros se se trata do terceiro fillo ou sucesivos
  • A suma das bases impoñibles xerais e do aforro non pode superar os 30.000 euros en declaración individual e os 50.000 euros en tributación conxunta.

  • Cando os fillos nados ou adoptados no período impositivo convivan con ambos os dous proxenitores ou adoptantes na data de devindicación aplicarán a dedución pola  metade se ambos os dous tributan  de forma individual e polo importe íntegro se tributan de forma conxunta. No caso de que o fillo ou adoptado conviva con só un dos proxenitores ou adoptantes, será este o que poderá aplicar o importe íntegro da dedución.

    Se a garda e custodia fosen compartidos, ambos os dous proxenitores ou adoptantes aplicarán a dedución por metade. No caso de que o número de fillos de cada proxenitor dea lugar á aplicación dun importe diferente (por exemplo para un dos proxenitores é o seu primeiro fillo  e para o outro o segundo ou outro),  ambos os dous aplicaranse a dedución que corresponda en función do número de fillos preexistentes. No caso de declaración conxunta a dedución será a suma do que a cada un correspondería nas declaracións individuais

  • Cando o fillo ou adoptado conviva con ambos os dous proxenitores ou adoptantes que tributan de forma individual e  un deles non cumpra o requisito do límite de base impoñible ou non presente declaración  o importe íntegro da dedución poderá aplicara o outro proxenitor ou adoptante que o cumpra.

Formalización

  • Deberá indicar o número de orde que representa  o fillo nado ou adoptado en 2019 respecto de todos os fillos do contribuínte.
  • A  formalización farase na columna "comúns" no caso de matrimonio cando o fillo teña o mesmo número de orde para ambos os dous cónxuxes e ademais ambos os dous presenten declaración.
  • En caso distinto de matrimonio ou cando existindo matrimonio o  fillo nado ou adoptado tivese un número de  orde distinto para cada  cónxuxe ou cando tendo en mesmo número de orde un do  cónxuxes   non presente declaración,  o número de orde  cubrirase na  columna  "titular".

    Deberá consignar o número de declarantes con dereito á dedución indicando 1 se só un dos proxenitores ten dereito á dedución (exemplo: fillo dunha parella de feito que conviva cos dous proxenitores que presentan declaración individual e un non cumpre o requisito de base impoñible) ou un 2 se os dous proxenitores teñen dereito (exemplo: fillo dunha parella de feito que conviva cos dous proxenitores que presentan declaración individual e  ambos os dous cumpre o requisito de base impoñible).