10.14.10. Por adquisición de vehiculos eléctricos novos
O contribuínte poderá deducir o 15 por cento das cantidades satisfeitas no período impositivo pola adquisición de vehículos eléctricos novos.
Só poderá ter dereito á dedución o adquirente que figure no documento xustificativo da compra.
Requisitos
- Ten que tratarse de vehículos non afectos a actividades económicas do adquirente.
- O importe de adquisición do vehículo non pode superar os 50.000 euros.
- Os vehículos teñen que pertencer a algunha das seguintes categorias:
-
Turismos M1, vehículos concibidos e fabricados para o transporte de persoas, que teñan, ademais do asento do condutor, ata un máimo de 8 prazas.
-
Furgonetas ou camións lixeiros N1, vehiculos para o transporte de mercadorías cuxa masa máxima non sexa superior a 3,5 toneladas.
-
Ciclomotores L1e, vehículos de dúas rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
-
Triciclos L2e, vehículos de tres rodas cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
-
Cuadriciclos lixeiros L6e, que teñan unha masa en vacio igual ou inferior a 350 kg. sen incluír a masa da batería, cunha velocidade máxima de 45 Km/h e potencia continua nominal non superior a 4 kw.
-
Cuadriciclos pesados L7e, que teñan unha masa en vacio igual ou inferior a 400 kg. (550 se está destinado ao transporte de mercadorías) sen incluír a masa da batería, cunha potencia continua nominaligual ou inferior a 15 kw.
-
Motocicletas L3e, vehiculos de dúas rodas sen sidecar cun motor de cilindrada superior a 50 cm. cúbicos, e / ou, cunha velocidade máxima superior a 45 km/h.
-
Categoría L5e, Vehículos de tres rodas símétricas cun motor de cilindrada superior a 50 cm. cúbicos e / ou, cunha velocidade máxima superior a 45 km/h.
-
Bicicletas de pedaleo asistido por motor eléctrico.
- Cando o vehículo adquirido pertenza ás categorias M e N, relaccionadas anteriormente ten que tratarse dalgún dos seguintes vehículos:
- Vehículos eléctricos propulsados por motores de combustión interna que poidan utilizar combustibles fósiles alternativos homologados como GLP / autogas, GNC Gas natural comprimido, GNL/ Gas natural licuado ou bifuel gasolina-gas.
- Eléctricos puros BEV
- Eléctricos de autonomía estendida REEV, propulsados totalmente mediante motores electricos.
- Cando o vehículo adquirido pertenza ás categorías L e bicicletas eléctricas, deberán estar propulsados exclusivamente por motores eléctricos e estar homologados como vehículos eléctricos:
- As categorias L3e e L5e, deberán ter baterías de litio cunha potencia igual osuperior a 3 kw/h e unha autonomía mínima de 70 quilómetros.
- As biciclestas de pedaleo asistido deberán ter baterías de litio normalizado.
Base máxima da dedución
A base da dedución será o importe da adquisición e non poderá superar os seguintes límites:
- Categorías M1 e N1: 50.000 euros.
- Categorías L1e e L2e: 5.000 euros.
- Categorías L3e e L5e: 10.000 euros.
- Categorías L6e e L7e: 15.000 euros.
- Bicicletas de pedaleo asistido: 1.500 euros.
Formalización
Deberá incluír, dentro de cada categoria, o importe satisfeito na adquisición do vehículo.