10.14.14. Por investimento en vivenda habitual de mozos menores de 36 anos
Os contribuíntes poderán deducirse o 15 por cento das cantidades satisfeitas no exercicio pola adquisición, construción, ampliación ou rehabilitación da vivenda habitual cos seguintes requisitos:
- O contribuínte deberá ser menor de 36 anos a data de devindicación do imposto (normalmente a 31 de decembro).
- A vivenda constitúa ou vaia a constituír a residencia habitual do contribuínte.
- A vivenda debe ser adquirida con posteriorida a 1 de xaneiro de 2013, ou a rehabilitación iniciada con posterioridade a esa data.
A base máxima anual desta dedución será de 9.000 euros.
Esta dedución é incompatible coas deducións autonómicas "Polas cantidades investidas en obras de rehabilitación da vivenda habitual" e "Por cantidades investidas en adquisición ou construción de vivenda habitual para mozos", para aqueles mozos que huvieran adquirido ou rehabilitado a súa vivenda antes do día 1 de xaneiro de 2013.
Cando se dea a anterior circunstancia, o contribuínte seguirá aplicando esas deducións e non poderá aplicarse a presente dedución por investimento en vivenda habitual de mozos menores de 36 anos.
Formalización
Deberá incluír directamente, no recadro habilitado para ese fin, as cantidades satisfeitas con dereito a dedución. O programa aplicará sobre esa cantidade, o 15 por cento de dedución.