Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.3.7. Por adopción internacional de menores

Nos supostos de adopción internacional de menores, o contribuínte poderá practicar unha dedución de 1.010 euros por cada fillo adoptado no período impositivo.

Requisitos

  • Que o menor conviva co declarante.

  • A adopción deberá realizarse nos termos da Lei 54/2007, do 28 de decembro, de adopción internacional.

A adopción entenderase realizada no exercicio impositivo en que se leve a cabo a inscrición no Rexistro Civil español. Cando a inscrición non sexa necesaria atenderase ao período impositivo en que se produza a resolución xudicial ou administrativa correspondente.

Cando exista máis dun contribuínte con dereito á aplicación da dedución, e estes realicen declaración individual do imposto, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .

A presente dedución será compatible coa aplicación dos restantes deducións autonómicas.

Formalización

Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar o número de fillos adoptados que dean dereito á dedución.

Reflectiranse no recadro "Común" cando en caso de matrimonio os fillos que xeren dereito á dedución sexan de ambos os dous cónxuxes.

Noutro caso ou cando existindo matrimonio  optase por unha captura de datos individual, o número de fillos adoptados  reflectirase no recadro "Titular". Neste suposto, deberá cubrir, adicionalmente, o número de persoas que teñen dereito a aplicar a dedución con respecto a eses fillos, reflectindo nela un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito á mesma.