10.4.2. Por gastos de adquisición de libros de texto
Polo concepto de gastos en libros de texto editado para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e os ciclos formativos de formación profesional específica, deducirase o 100 por 100 dos importes destinados a aqueles gastos por cada fillo que curse os devanditos estudos.
Para os efectos da aplicación desta dedución só poderán terse en conta os fillos que dean dereito ao mínimo familiar por descendentes.
Se os fillos conviven con ambos os dous pais e estes optan pola tributación individual, a dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
A aplicación desta dedución esixirá que a cantidade resultante da suma da súa base impoñible xeral e da súa base impoñible do aforro, non supere o importe de 25.000,00 euros en tributación conxunta e de 12.500,00 euros en tributación individual.
A dedución aplicada polos gastos orixinados non pode exceder de determinados límites.
Para a Tributación individual, os devanditos límites son os seguintes:
Base impoñible * |
LIMITE dedución |
---|---|
Ata 6.500,00 euros |
100 euros/fillo |
Entre 6.500,01 e 10.000,00 euros |
75 euros/fillo |
Entre 10.000,01 e 12.500,00 euros |
50 euros/fillo |
* Base impoñible total.
Para a Tributación conxunta os devanditos límites son os seguintes:
Base impoñible* |
LIMITE dedución |
---|---|
Ata 10.000,00 euros |
200 euros/fillo |
Entre 10.000,01 e 20.000,00 euros |
100 euros/fillo |
Entre 20.000,01 e 25.000,00 euros |
75 euros/fillo |
* Base impoñible total.
Nota: As contías máximas establecidas por cada fillo que dea dereito á dedución son controladas polo programa.
Formalización
A través dunha xanela de captura de datos deberá indicarse o importe do gasto satisfeito polo titular da declaración, indicando pola súa parte no recadro que proceda (fillos comúns ou exclusivamente dun do cónxuxes), o número de fillos que orixinaron o gasto.