Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.4.7. Por doazóns, cesións de uso ou contratos de comodato e convenios de colaboración, relativos ao mecenado deportivo

Os contribuíntes poderán deducir o 15 por cento das contías en que se valoren as doazóns, as cesións de uso ou os contratos de comodato, e das contías satisfeitas en virtude de convenios de colaboración efectuada de acordo co que se dispón na Lei 6/2015, do 30 de marzo, polo que se regula o mecenado deportivo.

O límite da dedución é de 600 euros por exercicio. No caso de que a cesión de uso ou o contrato de comodato teña unha duración inferior a un ano, esta dedución ratearase en función do número de días do período anual. Se a duración é superior ao ano, a dedución non se pode aplicar a máis de tres exercicios.

Requisitos

Só poderase aplicar esta dedución os contribuíntes cuxa base impoñible, en tributación individual non superen a contía de 12.500 euros, e de 25.000 euros en caso de tributación conxunta.

Formalización

Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar o importe satisfeito ou a valoración das doazóns, as cesións de uso ou os contratos de comodato con dereito a dedución.

Se se tratase de cesións de uso ou contratos de comodato de duración inferior ao ano  deberá indicar, na xanela de captura de datos a vixencia en días dos devanditos contratos ou cesións no exercicio.