10.5.13. Por alugamento de vivenda habitual
Os contribuíntes poderán deducir o 20 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo, cun máximo de 600 euros anuais, polo alugamento da súa vivenda habitual.
Requisitos
-
Que non obtivesen no período impositivo rendas superiores (base impoñible xeral mas base impoñible do aforro)
-
20.000 euros en tributación individual.
-
30.000 euros en tributación conxunta.
-
A aplicación da presente dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do nome e NIF do arrendador, da identificación catastral da vivenda habitual e do canon arrendaticio anual.
-
-
Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 por 100 das rendas obtidas (base impoñible xeral) descontado, se o houbese, o importe das subvencións que percibise o arrendatario.
Formalización
Na xanela indicaranse as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento. O programa dá opción para incluír ata dúas vivendas habituais en alugamento.
En caso de matrimonio cando o importe satisfeito corresponda ao cónxuxes por partes iguais, consignarase o 50 por 100 do total das cantidades satisfeitas por ambos os dous.
Deberá reflectir tamén o NIF do arrendador, se o arrendador non ten NIF deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia, e a referencia catastral da vivenda.
O programa trasladará os datos incluídos no anexo B6 da declaración.