10.5.14. Por contribuíntes desempregados
Os contribuíntes que perciban prestacións de desemprego poderán deducir 100 euros.
Requisitos
-
Ter residencia habitual nas Illas Canarias.
-
Estar en situación de desemprego durante máis de seis meses do período impositivo.
-
A suma dos rendementos íntegros do traballo ten que ser superior a 14.000 euros e igual ou inferior a 22.000 euros, tanto en tributación individual como en conxunta. Estas contías serán para cada período impositivo os equivalentes á obriga de declarar na normativa de IRPF.
-
A suma da base impoñible xeral e do aforro, excluída a parte correspondente aos rendementos do traballo, non poderá superar a cantidade de 1.600 euros.
Formalización
Abrirase unha xanela de captura de datos en que deberá indicar se no exercicio 2019 estivo en situación de desemprego máis de 6 meses.