Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.5.24 Por arrendamentos a prezos con sostibilidade social, arrendador

Os contribuíntes que obteñan rendementos do capital inmobiliario polo arrendamento de vivendas, cando o seu destino sexa o de vivenda habitual do arrendatario, poderá deducir o 10 por cento dos devanditos rendementos desde que correspondan a arrendamentos retribuídos a prezos con sostibilidade social.

Requisitos

  • A renda anual non poderá superar o 30 por cento da base impoñible xeral e  do aforro  do arrendatario para os efectos do IRPF.
  • A renda anual derivada do rendemento do capital inmobiliario polo arrendatario non poderá superar o 10 por cento do valor catastral do inmoble.
  • A suma da base impoñible xeral e do aforro non sexa superior  a 24.000 euros.
  • Que o arrendatario ou subarrendatario do ben inmoble ou do dereito real que recaia sobre o mesmo, non sexa o cónxuxe ou un parente do contribuínte, incluídos os afíns, ata o terceiro grao inclusive.
  • Que o arrendador estea ao corrente das súas obrigas fiscais e indique nas súas declaracións de IRPF ao arrendatario e o número de referencia catastral do ben arrendado.

Formalización

Deberá cubrir no Anexo B8 o NIF do arrendador ou arrendadores, a referencia catastral do inmoble, e as catidades satisfeitas polo arrendamento. O programa trasladará estes datos do citado anexo ao recadro da dedución.