Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.6.11. Por familias monoparentais

O titular de familia monoparental poderá deducirse 200 euros anuais.

Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, terá a consideración de familia monoparental a formada pola nai ou o pai e os fillos que convivan cunha ou outro e que reúnen algún dos seguintes requisitos:

  1. Fillos menores de idade, con excepción de que, co consentimento dos pais, vivan independentes destes .
  2. Fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

No caso de pais separados ou divorciados que teñan a garda e custodia compartida dos fillos NON se considera que exista familia monoparental respecto de ningún deles .

Para poder aplicar  a dedución a suma de base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, antes das reducións por mínimo persoal e familiar,  ten que ser inferior a 30.000 euros.

Formalización

Se cumpre os requisitos para aplicar a dedución marcará o recadro habilitado para ese fin.