Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.6.6. Por acollemento familiar de menores

Os contribuíntes que reciban menores en réxime de acollemento familiar simple ou permanente, administrativo ou xudicial, sempre que fosen previamente seleccionados para ese fin por unha entidade pública de protección de menores e que non teñan relación de parentesco algunha, nin adopten durante o período impositivo ao menor acollido, poderán deducir:

  • Con carácter xeral 240 euros, ou

  • O resultado de multiplicar 240 euros polo número máximo de menores que acollese de forma simultánea no período impositivo.

Límite

A contía da dedución non poderá superar 1.200 euros.

No suposto de acollemento de menores por matrimonios, parellas de feito ou parellas que convivan de forma permanente en análoga relación de afectividade ás anteriores sen rexistrar a súa unión, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles se optasen por tributación individual.

Formalización

En caso de matrimonio se ambos os dous cónxuxes teñen dereito á dedución marcarase o recadro "Comúns". Noutro caso, marcarase o recadro " Do titular "

No suposto de acollemento de forma simultánea de varios menores deberá cubrir a segunda fila de recadros da xanela de captura de datos e indicar o número de menores acollidos.

Se o acollemento foi realizado por matrimonios, parellas de feito ou parellas que convivan de forma permanente en análoga relación de afectividade consignarase "SI ou NON" no recadro correspondente.