Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.6.8. Por gastos de enfermidade

Desde o 1 de xaneiro de 2019 non poderá aplicarse a dedución ás cantidades pagas durante o ano en concepto de cotas a mutualidades ou sociedades de seguros médicos non obrigatorios, tanto propios como das persoas que se inclúan no mínimo familiar.

O contribuínte poderase deducir un 10 por cento dos gastos e honorarios profesionais abonados durante o ano pola prestación de servizos sanitarios por motivo de enfermidade, saúde, embarazo e nacemento de fillos, accidentes e invalidez, tanto propios como das persoas que se inclúan no mínimo familiar.

Limites

Esta dedución terá un límite anual de 500 euros en declaración individual e de 700 en declaración conxunta. Estes límites incrementaranse en 100 euros en tributación individual cando o contribuínte sexa unha persoa con discapacidade e acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento. No caso de tributación conxunta o incremento será de 100 euros por cada contribuínte coa devandita discapacidade.

Requisitos

  • Que a suma de base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, sexa inferior a 60.000 euros tanto en tributación individual coma en tributación conxunta
  • A base conxunta desta dedución estará constituída polas cantidades xustificadas con factura e satisfeitas, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, ás persoas ou entidades que presten os servizos. En ningún caso, darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

Formalización

Deberá reflectir polas  cantidades  satisfeitas pola prestación de servizos sanitarios.