Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.6.9. Por gastos de guarderia

O 15 por 100 dos gastos de gardaría dos fillos ou adoptados menores de tres anos.

Límites

300 euros anuais por cada fillo menor de tres anos. Se o fillo cumpre 3 anos durante o exercicio, a dedución pode aplicarse ata o día en que cumpra esa idade, rateandose as cantidades satisfeitas no mes en que se dea  esa circunstancia.

Requisitos

  • A suma de base impoñible xeral e a base impoñible do aforro sexa inferior a 25.000 euros en declaración individual e 31.000 euros en tributación conxunta.
  • A dedución soa pode ser aplicada polo proxenitor que satisfaga efectivamente os gastos, con independencia de se existe ou non convivencia co fillo.
  • No caso de matrimonios en réxime de gananciais os importes satisfeitos entenderanse atribuídos ao cónxuxes por partes iguais. No resto dos casos (separación de bens, parellas de feito, etc.) deberase acreditar quen satisfixo os gastos.
  • Cando non se trate de matrimonios en réxime de gananciais e ambos os dous proxenitores ou adoptante satisfagan gastos de gardaría, o límite de 300 euros anuais por fillo ou adoptado ratearanse en función da contía que satisfaga cada proxenitor ou adoptante.
  • Se algún dos proxenitores ou adoptantes que satisfaga os gastos de gardaría ten unha base impoñible superior a 25.000 euros non terá dereito á dedución podendo aplicarse o outro proxenitor o 15% das cantidades por el satisfeitas, co límite de 300 euros.

Formalización

Apartado A) cubrirase unicamente no caso de matrimonios con fillos comúns cando ambos os dous proxenitores satisfagan gastos de gardaría polos  devanditos  fillos  (lembre que no caso de matrimonios en réxime de gananciais presúmese que o gasto foi satisfeito por ambos os dous aínda cando o aboamento puidese ser realizado por só un deles) e non optasen  por unha captura de datos individual.

No resto de casos cubrirase o Apartado B). Adicionalmente indicarase o número de persoas con dereito á dedución con respecto a eses fillos, consignando un 1 se o dereito á dedución corresponde só ao contribuínte ou un 2 se hai dous proxenitores con dereito á mesma.