Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.8.20. Por cotas á Seguridade Social de empregados do fogar

Os contribuíntes que á data de devindicación do imposto teñan un fillo menor de 4 anos, ao que sexa de aplicación o "mínimo por descendente", poderán deducir o 15 por 100 das cantidades por eles satisfeitas no período impositivo polas cotas á Seguridade Social dun traballador incluído no Sistema Especial para Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social co límite máximo de 300 euros tanto en tributación individual coma en tributación conxunta.

Requisitos

Que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar non supere a contía de 18.900 euros en tributación individual e 31.500 euros en tributación conxunta

Saldos pendentes de aplicación

No suposto de que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicarse o total da dedución no período impositivo en que se xere o dereito á mesma, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución.

Cando non se esgotase a totalidade da dedución nos devanditos períodos, poderase solicitar o aboamento da cantidade que reste de aplicar.

Formalización

Indicarase o importe das cotas satisfeitas á Seguridade Social e o NIF da persoa empregada do fogar.

Tratandose de matrimonios en réxime de gananciais as cotas satisfeitas á Seguridade Social polo empregado de fogar atribuiranse ao cónxuxes por partes iguais. En calquera outro suposto, as cotas satisfeitas atribuiranse integramente á persoa que figure como empregador.