Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

10.8.6. Para o fomento da mobilidade sostible

Contía

O contribuínte poderá deducir o 15 por 100 das cantidades destinadas  á adquisición dun ou varios vehículos de  turismo novo que teña a consideración de:

  • Vehículo eléctrico puro.
  • Vehículo eléctrico con autonomía estendida.
  • Vehículo híbrido enchufable con autonomía en modo eléctrico de máis de 40 quilómetros.

O importe máximo da dedución será de 4.000 euros tanto en tributación individual como en conxunta

Requisitos

  1. O vehículo adquirido non poderá estar afecto a actividades profesionais ou empresariais, calquera que sexa o titular destas actividades.
  2. A dedución soamente será de aplicación no período impositivo en que se matricule o vehículo. Cando se matriculen no exercicio un ou varios vehículos,  a dedución pode aplicarse sobre as cantidades satisfeitas para  a súa adquisición  aínda que, o límite total da dedución non pode superar de 4.000 euros por declaración.
  3. O vehículo adquirido deberá manterse no patrimonio do contribuínte polo menos durante catro anos desde a súa adquisición.
  4. A autonomía en modo eléctrico dos vehículos cuxa adquisición xere o dereito a aplicar a dedución determinarase mediante a aplicación de  procedemento WLTP (Worldwide harmonized Light vehicles Test Procedure) ou do procedemento que lle substitúa para os efectos do Imposto sobre Determinados Medios de Transporte.
  5. A adquisición polo contribuínte dun vehículo que xere o dereito á aplicación da dedución, a data desta adquisición e a cantidade efectivamente satisfeita polo contribuínte acreditaranse mediante factura e a dedución soa poderá aplicarse por parte daquel a cuxo favor se emita.