Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2019

13.1.Exceso non reducido achegas a sistemas de previsión social a favor de persoas con discapacidade

Neste apartado aparecerá o exceso non reducido das achegas e contribucións a sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con discapacidade pendente de reducir nos exercicios seguintes.

En primeiro lugar aparecerán  as achegas pola persoa con discapacidade partícipe, isto é, o declarante, cónxuxe e outras persoas que forman parte da unidade familiar.

Quedarán reflectidas as  cantidades introducidas no recadro 0472, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2014 a 2018, as aplicadas nesta declaración e, as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.

Tamén se reflectirán as cantidades achegadas no exercicio 2019, e as cantidades non aplicadas que se solicita  poder reducir nos 5 exercicios seguintes.

De seguido aparecerán as achegas realizadas polo declarante e / ou cónxuxe a favor de parentes ou tutelados.

Quedarán reflectidas as partidas introducidas no recadro 0473, cantidades pendentes de reducir procedentes dos exercicios 2014 a 2018, e as cantidades que quedarían pendentes para exercicios futuros. Estas cantidades deberían estar consignadas nas declaracións deses exercicios, solicitando a posibilidade de redución nos 5 exercicios seguintes.

Así mesmo,  reflectiranse as cantidades achegadas no exercicio 2019 e as cantidades non aplicadas  que se solicita  poder reducir nos 5 exercicios seguintes.