3.1.1. Contribuíntes polo IRPF
Son contribuíntes polo IRPF (art. 8 Lei):
- As persoas físicas que tivesen a súa residencia habitual no estranxeiro por algunha das circunstancias previstas na letra B) deste apartado.
- As persoas físicas que teñan a súa residencia habitual en territorio español.
-
Residencia habitual en territorio español (art. 9 Lei)
Entenderase que o contribuínte ten a súa residencia habitual en territorio español cando se dea calquera das seguintes circunstancias:
- Permanencia durante máis de 183 días
Cando permaneza máis de 183 días, durante o ano natural, en territorio español.
Para determinar este período de permanencia en territorio español hai que ter en conta o seguinte:
- Non se descontarán as ausencias esporádicas, non sendo que o contribuínte acredite a súa residencia fiscal noutro país.
- Non se computarán as estancias temporais en España que sexan consecuencia das obrigas contraídas en acordos de colaboración cultural ou humanitaria, a título gratuíto, coas Administracións públicas españolas.
No suposto de países ou territorios dos cualificados regulamentariamente como paraíso fiscal, a Administración tributaria poderá esixir que se probe a permanencia no mesmo durante 183 días no ano natural.
- Base dos seus intereses económicos en España
Cando radique en España o núcleo principal ou a base das súas actividades ou intereses económicos, de forma directa ou indirecta.
- Presunción en caso de residencia do cónxuxe e fillos menores
Presumirase, agás proba en contrario, que o contribuínte ten a súa residencia habitual en territorio español cando, de acordo cos criterios anteriores, residan habitualmente en España o cónxuxe non separado legalmente e os fillos menores de idade que dependan daquel .
- Permanencia durante máis de 183 días
-
Contribuíntes que teñen a súa residencia habitual en territorio estranxeiro
- Funcionarios e titulares de cargo ou emprego oficial no estranxeiro
Consideraranse contribuíntes polo IRPF as persoas de nacionalidade española, o seu cónxuxe non separado legalmente e fillos menores de idade que tivesen a súa residencia habitual no estranxeiro, pola súa condición de:
- Membros de misións diplomáticas españolas, comprendendo tanto ao xefe da misión, como aos membros do persoal diplomático, administrativo, técnico ou de servizos da mesma.
- Membros das oficinas consulares españolas, comprendendo tanto ao xefe das mesmas como ao funcionario ou persoal de servizos a elas adscritos, con excepción dos vicecónsules honorarios ou axentes consulares honorarios e do persoal dependente dos mesmos.
- Titulares de cargo ou emprego oficial do Estado español como membros das delegacións e representacións permanentes acreditadas ante organismos internacionais ou que formen parte de delegacións ou misións de observadores no estranxeiro.
- Funcionarios en activo que exerzan no estranxeiro cargo ou emprego oficial que non teña carácter diplomático ou consular.
Non será de aplicación o que se dispón no número anterior:
- Cando as persoas a que se refire este apartado non sexan funcionarios públicos en activo ou titulares de cargo ou emprego oficial e tivesen a súa residencia habitual no estranxeiro con anterioridade á adquisición de calquera das condicións enumeradas no mesmo.
- No caso do cónxuxes non separado legalmente ou fillos menores de idade, cando tivesen a súa residencia habitual no estranxeiro con anterioridade á adquisición polo cónxuxe, o pai ou a nai, das condicións enumeradas neste apartado.
- Cambio de residencia a un paraíso fiscal
Non perderán a condición de contribuíntes por este Imposto as persoas físicas de nacionalidade española que acrediten a súa nova residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
Esta regra aplicarase no período impositivo en que se efectúe o cambio de residencia e durante os catro períodos impositivos seguintes.
- Funcionarios e titulares de cargo ou emprego oficial no estranxeiro
Residentes que non se consideran contribuíntes
Cando non proceda a aplicación de normas específicas derivadas dos tratados internacionais en que España sexa parte, non se considerarán contribuíntes, a título de reciprocidade, os nacionais estranxeiros que teñan a súa residencia habitual en España, cando esta circunstancia fóra consecuencia dalgún dos supostos establecidos no apartado 1 anterior.