3.3.1. Presentación das declaracións
A declaración poderá presentarse:
- Por medios electrónicos, a través de Internet, na sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Por medios electrónicos, a través do teléfono, previa solicitude de cita.
- Nas oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria previa solicitude de cita.
- Nas oficinas habilitadas polas Comunidades Autónomas, cidades con Estatuto de Autonomía e Entidades Locais.
As declaracións efectuadas a través dos servizos de axuda prestada nas oficinas poderán presentarse directamente nas mesmas para a súa inmediata transmisión electrónica e, no caso de declaracións con resultado a ingresar sempre que o contribuínte procedese, á domiciliación do ingreso resultante ou do primeiro prazo, se se trata de declaracións en que este optase polo fraccionamento do pagamento.
Os contribuíntes que teñan a súa residencia habitual no estranxeiro e aqueles que se encontren fóra do territorio nacional durante os prazos de presentación poderán presentar a súa declaración e, se é o caso, realizar o ingreso ou solicitar a devolución por medios electrónicos.
Presentación da declaración
Unha vez realizada a declaración; deberase proceder da seguinte forma segundo cal sexa o seu caso:
- Con resultado a ingresar cuxo pagamento total ou o correspondente ao primeiro prazo non se realiza mediante domiciliación bancaria.
O declarante ou, se é o caso, o presentador cubrirá as opcións de fraccionamento do pagamento e domiciliación do segundo prazo, ofrecendoselle no momento da súa presentación dúas alternativas:
-
Consignar o Número de Referencia Completo (NRC) previamente obtido da entidade colaboradora por algunha das seguintes vías: de forma directa, ben nas súas oficinas ou ben a través dos servizos de banca electrónica que aquelas presten aos seus clientes ou a través da Sede electrónica da AEAT por vía electrónica, utilizando un certificado electrónico recoñecido ou mediante a utilización do sistema Cl@ve PIN).
-
Obter un documento de pagamento co que, unha vez impreso, deberá proceder a efectuar o ingreso en calquera das entidades colaboradoras na xestión recadadora.
En ambos os dous casos se a declaración é aceptada, a AEAT devolveralle en pantalla os datos do modelo de declaración do IRPF correspondente á declaración presentada, xustificante de presentación, validado cun código seguro de verificación de 16 caracteres en que constará a data e hora de presentación que o declarante deberá imprimir ou arquivar e conservar.
No suposto de que a autoliquidación fose rexeitada, mostraranse os erros detectados para que se proceda á súa emenda.
-
- Con resultado a ingresar cuxo pagamento total ou o correspondente ao primeiro prazo realízase mediante domiciliación bancaria.
A transmisión da declaración non precisará, con carácter previo, a comunicación coa Entidade colaboradora para a realización do ingreso e a obtención do NRC.
- Con resultado a ingresar cando se presenten con solicitude de adiamento ou fraccionamento, compensación, recoñecemento de débeda ou solicitude de pagamento mediante entrega de bens do Patrimonio Histórico Español.
Se se pretende efectuar o pagamento dunha parte da débeda total e, ao tempo, solicitar o adiamento ou fraccionamento, a compensación ou a solicitude de pagamento mediante entrega de bens do Patrimonio Histórico Español pola parte da débeda non ingresada, o contribuínte poderá obter o Número de Referencia Completo (NRC) da entidade colaboradora na forma prevista no apartado 1) anterior. Cando confirme o borrador introducirá o NRC facendo constar, ademais, a opción ou opcións que exercerá posteriormente respecto da cantidade non ingresada. As solicitudes poderaas presentar na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria en Internet, no enderezo electrónico «https://www.agenciatributaria.gob.es», a través da opción Procedementos, Servizos e Trámites.
- Con resultado a devolver ou negativo
O declarante deberá, se é o caso, cubrir ou confirmar o identificador único da conta, Código Internacional de Conta Bancaria (IBAN) e proceder á súa confirmación e presentación.
- Declaracións correspondentes a cónxuxes non separados legalmente en que un deles solicita a suspensión do ingreso e o outro a renuncia á devolución. O contribuínte e o cónxuxe deben solicitar expresamente acollerse a este procedemento de suspensión do ingreso ao tempo de presentar a declaración.
.